Segue activo o lume que calcinou en Melón unhas 140 hectáreas

O lume rexistrado no concello ourensán de Melón segue activo tras calcinar unha superficie aproximada de 140 hectáreas. O incendio iniciouse ás 20.30 horas do domingo na parroquia de Santa María de Quins.

O foco está "a piques" de ser controlado, segundo informan desde Medio Rural. Nas tarefas de extinción participan nove axentes forestais, un técnico, 24 brigadas, 14 motobombas, dous helicópteros de extinción e outro de coordinación, tres avións e dous hidroavións, conforme os datos proporcionados pola consellería.

Comentarios