Iniciativa Viguesa revolucionou as redes sociais co seu vídeo de campaña, no que o seu número dous en lista, Sinaí Giménez, promociónase como o "Obama galego".
No vídeo, publicado polo partido Iniciativa Viguesa na súa conta de Facebook, aparecen diferentes instantáneas do presidente da Sociedad Gitana Española e do mandatario estadounidense intercaladas con recoñecibles estampas da cidade de Vigo. Unha música épica e mensaxes como "en mans de xente nova" ou "unha persoa de confianza" completan o documento.
Sinaí anunciou o pasado 11 de marzo a súa participación como número dous na lista de Iniciativa Viguesa para as próximas eleccións locais.