Sito Miñanco déixase ver polo seu Cambados natal

O histórico narcotraficante José Ramón Prado Bugallo ten agora 60 anos

José Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, deixouse ver estes días por Cambados. O histórico narco galego, que conta con 60 anos de idade, moitos dos cales os pasou en prisión pola súa relación co tráfico de drogas, goza na actualidade dun réxime de semiliberdade que lle permitiu achegarse ata as Rías Baixas.

Na zona mantén lazos familiares e incluso empresariais, segundo algunhas fontes citadas por un diario galego que non se explican como puido volver á súa terra natal existindo un auto do xuíz de Vixilancia Penitenciaria da Audiencia Nacional, José Luis Castro, no que alertaba da dor que podería causar o seu regreso a Cambados.

Comentarios