Un dos sobreviventes de Malpica di que o afundimento se produciu "en dous minutos"

"O barco tocou a proa aquí cunha defensa e quedou así atravesado, a corrente ía para fóra", explicou

Trabajadores del puerto de Malpica recogen la red del pesquero O Silvosa, que se ha hundido de madrugada en el propio puerto. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera Traballadores do porto de Malpica recollen a rede do pesqueiro O Silvosa, que se afundiu de madrugada no propio porto. LAVANDEIRA JR (EFE)

Un dos sobreviventes do barco afundido en Malpica achaca o sinistro á "corrente", nun afundimento que se produciu "en dous minutos". 

"O barco tocou a proa aquí cunha defensa e quedou así atravesado, a corrente ía para fóra", explicou en declaracións á Radio Galega este xoves. 

Sinala que dous dos sobreviventes subiron polos pneumáticos da defensa do porto ao quedar a proa arrimada. "Ao ver que envorcaba agarrámonos ás defensas e saímos polas defensas", apunta. 

O caso é que o patrón falecido "ía na ponte", mentres "outro rapaz saltou" (o terceiro sobrevivente dos catro tripulantes). "Envorcou polo lado del (do patrón) e quedou enrolado no aparello ou quedou dentro da ponte", relata. 

Este sobrevivente leva un ano e medio traballando no pesqueiro A Silvosa.

O naufraxio produciuse ás 4.45 da mañá cando o pesqueiro saía da dársena do porto de Malpica, tras un golpe contra un muro da dársena, o que provocou que o patrón queda xunto ao aparello e falecese. Hai tres sobreviventes.

Comentarios