Sogama formou a máis de 1.600 galegos en xestión de residuos en 2021

Unha boa parte dos cursos dirixíronse aos veciños de concellos que nos últimos meses adscribíronse ao programa de compostaxe doméstica

Sogama impartiu no que vai de ano medio centenar de sesións de formación presencial sobre xestión sostible de residuos urbanos, que contaron coa participación de máis de 1.600 persoas, informou a Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda.

Unha boa parte dos cursos dirixíronse aos veciños de concellos que nos últimos meses adscribíronse ao programa de compostaxe doméstica promovido pola entidade.

Na maior parte dos casos, os entes locais solicitaron que técnicos de Sogama explicasen in situ á poboación os obxectivos da autoxestión da materia orgánica, como levala a cabo, a operativa a seguir e os seus beneficios, tanto ambientais como técnicos e sociais.

No transcurso destas xornadas falouse tamén da problemática que entraña a elevada xeración de residuos e proporcionouse aos participantes as claves para propiciar a súa prevención, así como a aplicación do principio europeo das tres 'erres': redución, reutilización e reciclaxe.

Así mesmo, os educadores da entidade pública deron charlas en diversos centros escolares para instruír ao alumnado na xestión sostible dos residuos urbanos e os beneficios do autocompostaje, e detivéronse en explicar o tratamento que reciben nas súas instalacións os refugallos producidos por 295 concellos, é dicir, por máis de 2.240.000 habitantes.

Comentarios