Solicitan catro anos de prisión para un acusado por venda de heroína en Viveiro

O xuízo contra J.F.F.G, xulgado na Audiencia Provincial de Lugo por dedicarse, supostamente, "polo menos durante o ano 2012 á venda de heroína entre consumidores habituais da zona de Viveiro'', na Mariña lucense, quedou visto para sentenza sen modificacións nas conclusións do ministerio público, que pide para el catro anos de prisión.

O ministerio público acúsao dun "delito de tráfico ilícito de sustancias estupefacientes das que causan grave dano para a saúde" e, ademais da pena de cárcere, solicita para o acusado o pago dunha multa de 650,85 euros.

O fiscal sostén que o acusado se desprazaba a Ferrol unha ou dúas veces por semana para adquirir a heroína, que posteriormente revendía, xa preparada en doses, e que para realizar a venda utilizaba como basee o seu propio domicilio, onde acudían os compradores previo contacto telefónico co imputado.

"En ocasións, o acusado obrigaba os compradores a consumir a sustancia antes de irse da súa vivenda, para evitar posibles intervencións policiais", indica o fiscal.

No momento da súa detención, a J.M.F.G foille intervida unha pequena cantidade de heroína, en concreto algo máis de catro gramos, que alcanzase no mercado ilícito un valor de 216 euros. 

Comentarios