Tellado acusa ao Goberno de castigar "a Galicia"

Durante a XIV Xuntanza Popular de Mos, o secretario xeral do PPdeG dixo que "o Partido Popular é a única garantía de estabilidade política"

Miguel Tellado. PEPE FERRÍN
photo_camera Miguel Tellado. PEPE FERRÍN

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acusou este domingo ao Goberno de castigar "a Galicia" debido a que a Comunidade "non lle vota (ao PSOE) porque sabe que son un desastre"

Durante a XIV Xuntanza Popular de Mos (Pontevedra), Tellado dixo a uns oitocentos afiliados e simpatizantes que "o Partido Popular é a única garantía de estabilidade política, de crecemento económico, de xestión responsable dos servizos públicos, de mantemento do sistema de pensións ou de defensa da unidade do país".

Entende que o Goberno de Pedro Sánchez realizou, ao longo dos seus tres primeiros meses, unha serie de agravios "e desprezos a Galicia".

"O PSOE castiga a Galicia porque non lle vota, pero Galicia non lle vota porque sabe que cun desastre", continuou.

Ao longo da súa intervención, sinala o PPdeG nunha nota de prensa, asegurou tamén que o BNG "copia un modelo de confrontación social", que cre que é negativo para Galicia.

Comentarios