Tensión en Arousa tras caer e romper o cadaleito durante un enterro

Un dos empregados da funeraria que portaba o féretro tropezou, a caixa precipitouse escaleiras abaixo e a familia tivo que esperar case unha hora xunto aos restos do falecido ata que levaron outra

Un desafortunado tropezón no cemiterio da Illa de Arousa engadiu unha carga extra de tensión e amargura á familia que este domingo enterraba a un ser querido, xa que o féretro cos restos mortais caeu polas empinadas escaleiras de acceso ao camposanto e desfíxose por completo ante as sorprendidas miradas dos asistentes. Segundo informa Faro de Vigo, o fatal incidente produciuse porque un dos empregados da funeraria que portaban o cadaleito tropezou e torceu un nocello.

O corpo do defunto permaneceu durante case unha hora no punto ata que a empresa conseguiu unha nova caixa para continuar co enterro, un tempo no que os achegados do falecido se mostraron claramente molestos cos traballadores da funeraria e indignados polo sucedido.

Comentarios