La Tita Rivera abrirá o seu novo local na Coruña

Hijos de Rivera estrea establecemento no Portiño unha década logo da inauguración do primeiro local en Madrid
La Tita Rivera. EP
photo_camera A Tita Rivera. EP

La Tita Rivera, de Hijos de Rivera, abrirá o seu novo local na Coruña, situado no enclave privilexiado do Portiño, o vindeiro sábado 26 de decembro, informa a Corporación.

No décimo aniversario da inauguración do primeiro local La Tita Rivera en Madrid e tras a consolidación da súa proposta na praza de Compostela de Vigo, o seu terceiro local, fronte ao mar coruñés, abrirá de mércores a domingo, de 11 a 23 horas.

O propósito de La Tita Rivera O Portiño é o de rexenerar o existente, reivindicar a imprescindible sustentabilidade da comunidade social en convivencia e respecto ao noso mar e a nosa terra, subliña a entidade.

Así, eríxese como un espazo que invita a repensar "en actitudes como reutilización, a reparación, a reciclaxe, a redución" e en valores "como proximidade, a colaboración e a sustentabilidade".

O seu obxectivo é que se converta nun enclave estratéxico para We, The sustainability Project, plataforma de sustentabilidade de Vazva e Hijos de Rivera.

Tanto a decoración como a oferta teñen a sustentabilidade por bandeira: mobles reutilizados, outros elaborados con madeira de encofrado de obra, bancos feitos con madeira de batea recuperada ou a barra composta polo vidro de botellas de Estrella Galicia.

Comentarios