As tormentas descargan en Galicia case 3.000 raios nas últimas 24 horas

As copiosas choivas causaron inundancións en Vigo

Tormenta este domingo en Sanxenxo. BLACKFRAMEFILM
photo_camera Tormenta este domingo en Sanxenxo. BLACKFRAMEFILM

As tormentas continuaron este luns en Galicia, que ata as 20.00 horas contabilizara 427 raios, tras rexistrar 2.381 na pasada pasada xornada e inundacións nalgunhas localidades como Vigo. 

O domingo, a tormenta descargou raios no sur da provincia e na zona do Salnés, como se mostra na foto tomada por BlackFrameFilm en Sanxenxo.

Así mesmo, en Vigo, na pasada noite, unha tromba de auga con episodios eléctricos alagou varias rúas da cidade. En concreto, segundo informou a Policía Local, nas rúas Sanjurjo Badía, Isaac Peral, Doutor Carracido, e Julián Estévez, saltaron as tapas da rede de sumidoiros, obrigando a unha rápida intervención polo risco que a situación supuña para o tráfico. 

A Rúa Doutor Canoa viuse alagada ao non soportar a rede de sumidoiros o volume de auga descargada. Na rúa Julián Estevez, un condutor viuse atrapado pola tromba, sendo rescatado por bombeiros. 

A intensa choiva tamén propicio unha bolsa de auga no interior do Túnel de Beiramar. 
 

Comentarios