sábado. 27.02.2021 |
El tiempo
sábado. 27.02.2021
El tiempo

Touriño di sobre o caos na AP-9 que ''este non é un país bananeiro''

Caos vivido en la AP-9 el martes (FOTO: EFE)
Caos vivido en la AP-9 el martes (FOTO: EFE)

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmou este xoves pola mañá que Galicia ''non é un país bananero onde cada un pode facer o que queira'', por iso é polo que insta a ''cumprir as normas'', mentres a concesionaria da AP-9 debe garantir a calidade do servizo.

Deste xeito, e trala reunión do Consello da Xunta, o dirixente autonómico manifestaba a versión do Goberno respecto ao colapso sufrido nesta autoestrada o pasado martes, con atascos que superaban os 10 quilómetros.

Preguntado sobre a idea exposta polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, de non abonar o custo da peaxe, Touriño sinalou que ''entendo a situación de enfado'' que pode pesar sobre os usuarios que quedaron atrapados e sen capacidade de reacción nese atasco, aínda que apelou ao cumprimento das normas.

Ademais, na mesma comparecencia Touriño insistiu en que non dará ''un paso atrás'' no seu desexo de ampliar a Autoestrada do Atlántico, un compromiso ''que segue en pé e segue plenamente vixente''.

Contra o PP
Ao falar da AP-9, o presidente galego referiuse á ''marabilla de operación contra Galicia'' efectuada por anteriores Gobernos do PP, en concreto no período de presidencia de José María Aznar, cando se produciu a privatización desta infraestrutura.

A decisión, dixo Touriño, ''prexudica ao país'', dánao'' e debilítao''. É, pois, segundo o presidente galego, ''unha decisión contra o interese xeral da comunidade''.

Pola súa banda, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, eludiu cualificar as palabras pronunciadas por Quintana, aínda que lamentou que o vicepresidente galego '' descolgouse'' con este tipo de declaracións que, na súa opinión, revelan ''que non pensa facer nada'' como membro da Xunta para obrigar á concesionaria a ''cumprir'' co establecido no contrato. ''Pode e debe pedir responsabilidades'', amonestou Roda.

Mantemento da AP-9
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, insta á nova concesionaria da AP-9, o grupo Citigroup, a mellorar o seu mantemento porque, a raíz do colapso vivido, ''os galegos pregúntanse para que raios pagamos a peaxe''.

''É unha pregunta lóxica e eu non vou ser quen a responda, ten que contestala a concesionaria e espero que o faga canto antes'', indicou Anxo Quintana, quen engadiu que ''a única xustificación'' que existe para seguir pagando a peaxe ''é o seu mantemento''.

O vicepresidente criticou que ante as extremas condicións climatolóxicas dos últimos días, nas estradas de titularidade pública había quitaneves, máquinas quitando o xeo e varios camións distribuíndo sal, mentres que o mesmo día ''en estradas que están privatizadas a situación non era a mesma''.

Touriño di sobre o caos na AP-9 que ''este non é un país bananeiro''
comentarios
ç