O TSXG anula os servizos mínimos da Xunta para a folga do 061 de setembro

"A consideración dun servizo como esencial non pode supor a supresión do dereito de folga dos traballadores", indica o fallo

Sede del TSXG. ARCHIVO
photo_camera Sede do TSXG. GOOGLE MAPS

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou de novo unha orde da Xunta coa que estableceu servizos mínimos durante unha folga, neste caso durante o paro do 061 durante catro días de setembro do ano pasado. 

En concreto, a sección primeira da sala do contencioso-administrativo do TSXG estimou o recurso interposto pola CIG, pola vía do procedemento especial para a protección dos dereitos fundamentais da persoa, contra a orde de setembro de 2018 da Consellería de Sanidade. 

Dita orde determinou os servizos mínimos durante a folga do persoal do servizo de operación telefónica na central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 que se desenvolveu os días 10, 15, 17 e 22 de setembro de 2018

"A consideración dun servizo como esencial non pode supor a supresión do dereito de folga dos traballadores que houbesen de prestalo", destaca o fallo.

VARIAS CONDENAS. O TSXG anula, xa que logo, a orde recorrida en canto á determinación dos servizos mínimos establecidos para o ámbito de actividade do 061 obxecto de externalización mediante contrato subscrito co Grupo Norte. 

En outubro do pasado ano, o TSXG emitiu outra condena, que non era a primeira, contra a Xunta por vulneración do dereito á folga polos servizos mínimos fixados, igualmente, no servizo de atención telefónica do 061, externalizado no Grupo Norte. 

Comentarios