O TSXG condena á Xunta por servizos "mínimos" abusivos en folgas

O alto tribunal decidiu anular un decreto sobre servizos mínimos para os traballadores de Presidencia da Xunta, CRTVG, o 112 e o parque nacional da Illas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou á Xunta por excederse ao abusar da concepción dos denominados "servizos mínimos" impostos en casos de convocatorias de folga de entidades públicas.

Nunha sentenza cuxo contido foi facilitado este martes a Efe polo sindicato CC OO, que xunto a CIG interpuxeron demanda ante ese órgano xudicial, o TSXG decide anular un decreto sobre servizos mínimos para os traballadores de Presidencia da Xunta, CRTVG, o centro de Urxencias 112 e o parque nacional da Illas Atlánticas, e a abonar as costas xudiciais.

A sentenza da sala do contencioso-administrativo do TSXG expresa o "rotundo rexeitamento" ao que cualifica de comportamento "malicioso" da Xunta ao actuar cun "atraso inxustificado á hora de publicar o decreto de fixación de servizos mínimos" como tamén "á hora de fixar os servizos mínimos nalgúns ámbitos da actividade administrativa".

A Administración autonómica, segundo o citado órgano xudicial, incorre en ben "de falta de motivación, ben vulneración o principio de proporcionalidade, que se viñeron repetindo en anteriores convocatorias de folga" e que deron lugar a varias sentenzas estimatorias no mesmo sentido.

O TSXG expresa o "rotundo rexeitamento" ao "comportamento malicioso" da Xunta ao actuar cun "atraso inxustificado á hora de publicar o decreto de fixación de servizos mínimos" 

O TSXG subliña que os servizos "esenciais" que pode invocar a Xunta poden establecerse en función dos que poidan traballar, por exemplo, un domingo ou un día festivo, pero considera que a súa normativa se excede en moitos casos e vulnera un dereito fundamental dos traballadores á folga.

Nun comunicado, CC OO sinala que a sentenza alude a outros "nove casos dos últimos nove anos" nas autoridades xudiciais "condenaron á Xunta por vulneración dese dereito fundamental" e observa que iso tivo un "custo de miles de euros de fondos públicos".

Por iso, CC OO lamenta a "irresponsabilidade" da Xunta en adoptar condutas que "lesionan dereitos fundamentais" e que teñen "un gran custo para o erario" público, polo que exhortan ao Goberno autonómico, que exerce o PP, a ser "tan respectuoso coas leis e o patrimonio público, como preconiza". 

Comentarios