jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

O TSXG ratifica a limitación das reunións a cinco persoas decretada pola Xunta

Persoas con máscara paseando polo centro de Pontevedra. DAVID FREIRE
Persoas con máscara paseando polo centro de Pontevedra. DAVID FREIRE
O tribunal considera que as medidas adoptadas son "idóneas para a prevención e protección da saúde da poboación

A sección terceira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou, nun auto notificado este luns, a limitación das reunións a cinco persoas decretada pola Xunta en toda a comunidade pola situación epidemiolóxica da covid-19. 

Deste xeito, segundo informou o TSXG, a sección terceira da sala do contencioso-administrativo avala as medidas contidas no punto segundo da orde do 21 de outubro de 2020, referidas a toda Galicia -algo que contrasta o ocorrido en comunidades como País Vasco-. 

O tribunal considera que as medidas adoptadas son "idóneas para a prevención e protección da saúde da poboación; necesarias, dada a constatación dunha situación de perigo actual e real para a saúde dos cidadáns; e proporcionadas, ponderando os diferentes intereses en conflito". 

A sección terceira da sala do contencioso-administrativo do TSXG tamén ratificou as medidas contidas no punto primeiro da orde de 21 de outubro de 2020 que afectan a Santiago e á súa comarca.

RESTRICIÓNS. Galicia entrou ás 00.00 horas do pasado 22 de outubro en nivel 2 de alerta, de maneira que, de forma xeral, limitáronse en toda a Comunidade galega as reunións a cinco persoas como máximo para frear os contagios de covid-19. 

En Santiago de Compostela e a localidade do Milladoiro (no concello de Ames) restrinxíronse a só convivientes, ao pasar a contar con restricións do nivel 3. 

O TSXG ratifica a limitación das reunións a cinco persoas decretada...
comentarios