Baixo Control

Un incedio con dez focos afecta a máis de quince hectáreas da Rede Natura 2000 en Carballeda

Un incendio forestal declarado este pasado domingo, con dez focos, na zona de Carballeda de Valdeorras, en Ourense, calcinou polo momento máis de 15 hectáreas, a maior parte en zona de Rede Natura 2000, segundo confirmaron a Efe servizos de extinción e a Consellería de Medio Rural.

O primeiro incendio produciuse onte ás 10:55 horas, na parroquia de Casaio, Carballeda e horas despois rexistráronse novos focos na zona da serra de Pena Trevinca, o que suscitou a alarma dos veciños pois eran lugares de difícil acceso, feito que imposibilitou nalgúns casos a chegada de medios terrestres.

Nos labores de extinción, participan actualmente dous técnicos, 10 axentes forestais, 15 brigadas e tres helicópteros.

Segundo detallou a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, trátase en todos os casos de "focos pequenos" que afectan principalmente "a zona de matogueira" e "monte baixo", catalogado como Rede Natura polo seu alto valor ecolóxico.

Fontes de Medio Rural precisaron que o lume, actualmente controlado, non entraría ao Teixedal de Casaio, un dos maiores bosques de tejos de Europa.

Comentarios