Controlado o incendio que arrasou 80 hectáreas en Valdeorras en pleno marzo

O lume declarouse ao mediodía do xoves nunha xornada de temperaturas que roldaron os 30 graos na provincia de Ourense
Incendio en Carballeda de Valdeorras
photo_camera Incendio en Carballeda de Valdeorras

Medio Rural deu por controlado o incendio forestal declarado á primeira hora deste xoves no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Candeda, e que arrasou oitenta hectáreas en pleno mes de marzo, coincidindo, iso si, cunha xornada de temperaturas que roldaron os 30 graos na provincia de Ourense.

Medio Rural deuno por controlado a última hora do xoves tras verse afectadas 80 hectáreas de monte raso. Segundo datos do departamento autonómico, o lume iniciouse sobre as 13,20 horas do xoves nun monte da parroquia de Candeda e quedou controlado pouco antes das 21.40 horas. Nos traballos de extinción traballan nestes momentos un técnico, 13 brigadas, oito motobombas, unha pa e tres helicópteros. 

A Consellería recordou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto do 085 para chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Comentarios