Un Pleno ao 15 na Quiniela deixa en Lugo 387.655 euros

Un boleto de Categoría Especial na Quiniela da xornada número 48, co Pleno ao 15, deixou un premio de 387.655 euros na cidade de Lugo, segundo informou a delegación comercial de Loterías e Apostas do Estado nesta provincia.

A aposta premiada foi selada no Café Bar Mayavi, no punto de venda número 49.835, situado no número 54 da Rúa Armórica, na cidade de Lugo.

O establecemento no que se selou a quiniela premiada é rexentado por Albino Costoya Mella. O propietario explicou a EFE que, polo menos de momento, ninguén se pasado polo bar para informar de que lle tocou o premio e no establecemento non saben quen puido ser o afortunado.

De feito, recordou que no bar teñen clientes individuais, pero tamén penas, polo que o gañador podería ser calquera. Iso si, afirmou que "o máis normal" é que sexa de Lugo.

Comentarios