Unha moza de Sarria, a mellor gandeira europea

(Foto de archivo: El Progreso)
photo_camera (Foto de archivo: El Progreso)

A gandeira de Sarria, Marta López, de 32 anos, vén de recoller o Premio ao Mellor Gandeiro Nova Europeo na Feira Internacional de Bovino de Leite de Cremona (Italia). É a primeira muller que recibe esta distinción.

A entrega do premio celebrouse este domingo no recinto da feira. O galardón foi instituido hai nove anos na honra de Nino Balestreri, un mozo gandeiro de Cremona que faleceu prematuramente.

A familia Balestreri asistiu en pleno á entrega do galardón, un acto de gran emotividade no que se recordou a Nino e a filosofía que hai detrás do premio, distinguir aos mozos que destaquen pola súa paixón pola gandería.

Un premio internacional
O Premio ao Gandeiro Nova Europeo está patrocinado pola Banca de Cremona. Empezou sendo unha distinción local ata alcanzar o carácter internacional. Entrégase sempre no marco da Feira Internacional do Bovino de Leite de Cremona, a segunda feira de bovino máis importante de Europa (despois da de Rennes).

O premio valeulle a Marta López unha estancia de tres días na rexión de Cremona, a rexión leiteira de Italia, durante os cales visitou explotacións, participou en xornadas técnicas e contactou con numerosos representantes do sector.

A candidatura da moza lucense foi presentada e defendida pola revista Afriga, a única revista de gandería española que acode ao certame. Afriga é a revista de referencia para o sector lácteo en Galicia e Asturias.

Comentarios