Unha muller falece e outra resulta ferida nun sinistro en Coristanco

Unha muller de 24 anos faleceu e outra resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado hoxe no municipio coruñés de Coristanco.

Fontes do servizo de Urxencias-061 informaron de que recibiron o aviso do sinistro ás 15:54 horas, pola colisión de dous vehículos.

Ao lugar desprazáronse as dotacións dunha ambulancia asistencial e un helicóptero, así como persoal sanitario de Atención Continuada de Carballo.

A falecida é LSL, de 24 anos, e MMM, de 45, foi trasladada a un Hospital da Coruña.

Comentarios