Os usuarios con covid nas residencias galegas redúcense á metade nunha semana

Os centros galegos pasan dos 23 de hai sete días aos once actuais
Residencia San Vitorio de Baralla. J. VÁZQUEZ (AEP)
photo_camera Residencia San Vitorio de Baralla. J. VÁZQUEZ (AEP)

Os usuarios que están a atravesar a enfermidade da covid-19 nas residencias de maiores de Galicia son once actualmente, doce menos que hai unha semana, e os casos están adscritos a tres centros sociosanitarios da comunidade.

Así, segundo os datos facilitados como cada mércores polas consellerías de Sanidade e Política Social, son cinco os positivos en Sanitas Residencial, na Coruña, seis menos que hai unha semana.

Mentres, en Bribes, en Cambre, a cifra actual é de 1, fronte aos 11 dos que partía; e para rematar na residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo hai cinco casos, cando hai unha semana era un só. 

Comentarios