Os veterinarios piden que se lles recoñeza como profesión de risco

Alertan do incremento de accidentes graves
Un veterinario en una explotación ganadera. ep
photo_camera Un veterinario nunha explotación gandeira. DP

Os veterinarios piden que se lles recoñeza como "profesión de risco", tras a proliferación de accidentes do colectivo no último ano, con tres "graves" na provincia de Lugo. Esta é unha das reivindicacións que realizou o presidente da Organización Colexial Veterinaria, Luís Alberto Calvo, durante un encontro con veterinarios de Lugo co seu presidente á cabeza, José Luís Benedito

Calvo explica que "a seguridade" é un "tema que preocupa", "especialmente" no saneamento gandeiro, "o trato cos animais do facultativo á hora de previr un problema importante que se suscita despois en saúde pública, como pode ser a tuberculose ou a brucelose". 

"A profesión veterinaria ten outras moitas vertentes que tamén están suxeitas a ese perigo, a esa toxicidade e penuria, en moitas ocasións. Hai que pensar que traballamos en todos os temas de seguridade alimentaria, sobre todo nos matadoiros que son lugares onde se está sometido a temperaturas moi baixas, a humidades, a chans con superficies deslizantes pola graxa", expón. 

Luís Alberto Calvo explica que a seguridade é un tema que preocupa especialmente no saneamento gandeiro

Por todo iso, reclama que "é, sen dúbida, un posto de traballo que ten perigo" e demanda que se recoñeza". Ademais, puxo o foco no persoal de "laboratorios que están sometidos a produtos tóxicos nocivos e axentes biolóxicos que poden ter complicacións". 

"O que queremos reivindicar aquí en Lugo, que estamos a falar de perigo, é que se melloren as condicións dos veterinarios", apremou. Unha "mellora" da "seguridade" dos veterinarios "mediante a creación de actuacións sempre en equipo, e a revisión das instalacións e dos medios que se deben de esixir ao propio gandeiro". 

"Queremos tamén unha revisión xurídica e laboral das condicións de traballo en xeral, con isto pretendemos que a profesión veterinaria se considere unha profesión de risco, porque o é", recalcou.

Comentarios