Unha vítima do Chicle: "Botei a correr e el baixouse do coche dicindo: 'ven, pasarémolo ben'"

A muller, que se topou co autor confeso da morte de Diana Quer nunha estrada de Ourense en 2017, librouse grazas á oportuna chegada do seu marido
Abuín Gey, El Chicle, durante el juicio por el crimen de Diana Quer. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Abuín Gey, O Chicle, durante o xuízo polo crime de Diana Quer. PEPE FERRÍN (AGN)

Unha das testemuñas que declarou este mércores na segunda sesión do xuízo contra O Chicle polo asasinato de Diana Quer revelou que o acusado abordouna a inicios de 2017 nunha estrada de Ourense, onde se atopaba esperando ao seu marido, e que a perseguiu, intentando atacala, mentres lle dicía "Ven, que o imos pasar ben". 

O seu testemuño, con ton nervioso e incapaz de mirar ao acusado, foi o que pechou a segunda xornada de declaracións, coa revelación doutro episodio no que, segundo a súa versión, O Chicle intentou agredila. 

"Perseguímolo como dous quilómetros, pero eu tiña medo de que fose matar o meu marido e pedinlle que parase e o deixase ir"

A muller contou que se atopaba na primavera de 2017 traballando na axuda a domicilio en San Cibrao. Unha tarde, na que esperaba nunha estrada solitaria a que o seu marido a recollese, viu achegarse as luces dun coche, un Audi de cor escura. Tras decatarse que non era o seu marido, viu como o vehículo minoraba a marcha e "atravesábase" diante dela. "Botei a correr e entón el baixouse do coche e dixo 'ven, que o imos pasar ben'", contou. 

Nese momento, pasou polo lugar unha furgoneta branca que, a pesar das súas indicacións, non parou. O acusado, que segundo explicou volvera ao seu vehículo, "volveu saír" e a perseguila, un período de tempo no que chegou o seu marido, o que motivou que o home, que identificou como O Chicle, "arrincase polos montes".  "Perseguímolo como dous quilómetros, pero eu tiña medo de que fose matar o meu marido e pedinlle que parase e o deixase ir", contou a muller, que identificou ao acusado como o seu agresor, a pesar de que naqueles momentos levaba "o pelo moi cortito". 

A muller contou tamén o "terror" que experimentou cando "saíu o caso de Diana" e "recoñeceu" a Enrique e subliñou que, desde os feitos, toma precaucións como non ir "co coche aberto" ou non "abrir a ninguén" a porta. 

Comentarios