As vítimas do Alvia levan ante os tribunais ao Ministerio de Transportes e á CIAF

Presentarán unha demanda este xoves no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid "por falta de transparencia"
La curva de Angrois. AEP
photo_camera La curva de Angrois. AEP

A plataforma de vítimas do sinistro do tren Alvia, que ocorreu en Angrois (Santiago) fai case oito anos, levan este xoves ante os tribunais ao Ministerio de Transportes e á comisión de investigación de accidentes ferroviarios (CIAF), por "falta de independencia". 

En concreto, presentarán unha demanda este xoves no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, motivo polo cal convocaron unha concentración ás súas portas de 11.30 a 12.30 horas. 

Os afectados farán entrega da demanda na sala do contencioso-administrativo deste tribunal, que é o que resulta competente segundo consta na resolución do ministerio que dixo 'non' á súa reclamación de cesamento dos membros da CIAF. 

O pasado mes de marzo foi cando a asociación recibiu esta resolución do Ministerio de Transportes, que desestimou formalmente a petición de renovación de parte dos membros da citada comisión, que, para a plataforma, "a día de hoxe non goza de independencia". 

Á súa vez, a CIAF desestimou, por silencio negativo, levar a cabo unha nova investigación tutelada pola Axencia Ferroviaria Europea (Era).

PECHE DA INSTRUCIÓN. A semana pasada transcendeu a confirmación, xa definitiva, do peche da investigación do xulgado de instrución número 3 de Santiago por parte da Audiencia Provincial da Coruña. 

Deste xeito, os dous imputados, o maquinista e o ex xefe de seguridade na circulación de Adif, irán a xuízo para determinar se son responsables de 80 supostos delitos de homicidio e 144 de lesións por imprudencia profesional grave.

Comentarios