Xestores galegos avisan de que non poden tramitar altas nin baixas

A plataforma da Seguridade Social esatará caída ata o 5 de outubro, polo que os novos empregados non poderán empezar a traballar
Sede de la Seguridad Social. EP
photo_camera Sede de la Seguridad Social. EP

Xestores galegos alertan de que desde este venres, 1 de outubro, ata o vindeiro martes, 5 de outubro, non poderán realizar trámites coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, posto que, segundo anuncia a propia administración nun correo enviado ao colectivo, a plataforma telemática permanecerá pechada "debido a tarefas de mantemento e actualización de aplicacións". 

O Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, que agrupa aos máis de 600 profesionais que exercen na comunidade, sinalan que a través do Sistema Rede non poderán realizar altas nin baixas de traballadores, modificacións da xornada laboral, certificados de vida laboral nin liquidacións, un problema que o colectivo pode sortear utilizando a canle Siltra. 

"O máis grave é que a través desta pasarela non se poderán obter as resolucións das altas e baixas nin as liquidacións de cotización e terán que esperar ata o día 5 para descargalas do sistema", sostén. 

O Colexio aclara que as resolucións de altas ou a vida laboral son documentos fundamentais para que os traballadores poidan acceder ao seu posto traballo. No sector da construción, por exemplo, nou se pode entrar en obra sen ese xustificante. 

"No caso dos traballadores que acabaron un contrato ou despedidos, tampouco poderán pedir a baixa ao non estar tramitada aínda e terán que esperar ata o martes 5 de outubro", informa. 

"Este bloqueo supón un grave prexuízo para o noso traballo, pero sobre todo para as empresas, sobre todo as do sector da construción". "Hoxe tiña que dar de alta a varios operarios nunha obra e non puiden e tampouco poderei dar de baixa o luns aos que xa non estean a traballar", sinala un despacho colexiado da Coruña. 

Comentarios