viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

A Xunta activa outro programa de axudas para a modernización de empresas

Feijoo. LAVANDEIRA JR
Feijóo. LAVANDEIRA JR
Son por valor de 30 millóns de euros

A Xunta puxo en marcha un novo programa dotado con 30 millóns de euros para a modernización de empresas e a súa reactivación fronte ás consecuencias da pandemia de covid-19 e que, en concreto, busca impulsar a internacionalización e competitividade das compañías coa inclusión de mecanismos tecnolóxicos e a profesionalización de equipos.

Este programa, orientado a grandes empresas e pemes, forma parte das recomendacións do grupo de expertos que asesora á Xunta fronte aos efectos económicos da pandemia, segundo resaltou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta no que o plan de apoios foi aprobado.

En concreto, as empresas poderán optar a axudas autonómicas que financiarán operacións de entre 1 e 5 millóns de euros a través da achega de capital ou por préstamo participativos, segundo explicou a Administración autonómica.

Pola súa banda, as compañías beneficiarias deberán elaborar un plan estratéxico no que figuren "as súas aspiracións" e que, así mesmo, debe incluír "medidas específicas" para a súa aplicación e un calendario para a súa posta en marcha, cuxo cumprimento permitirá reducir os custos do financiamento percibido. Durante o proceso, a Adminstración exercerá tarefas de consultoría para asesorar ás empresas.

AMPLIACIÓN DE PRAZOS. Así mesmo, a Xunta tamén informa da ampliación dos prazos para a devolución dos créditos concedidos na liña de apoios á solvencia das empresas e autónomos durante o período de recuperación da actividade, dividas en dúas liñas de axuda que, ata o momento, concederon 2.500 préstamos por valor de case 130 millóns de euros.

Neste sentido, os beneficiarios de operacións de ata 200.000 euros disporán dun período de sete anos para amortizar o préstamo. En canto aos microcréditos de ata 20.000 euros, o tempo para a devolución é de oito anos.

A Xunta activa outro programa de axudas para a modernización de...
comentarios
ç