A Xunta construirá sete residencias de maiores con 900 prazas nas principais urbes galegas

Suporán a creación de 500 postos de traballo ► En Vigo e A Coruña cada centro contará con 150 residentes
Alberto Núñez Feijóo, tras el Consello da Xunta
photo_camera Alberto Núñez Feijóo, tras el Consello da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves a construción de sete residencias públicas para maiores nas principais cidades galegas, que sumarán 900 prazas e suporán a creación de 500 novos empregos. A posta en marcha dos centros traducirase en total en máis de 47 millóns de investimento.  

"Damos paso a un compromiso concretado no programa co que nos presentamos ás eleccións, o máis grande en materia de gasto social e investimento en infraestruturas sociais da última década", proclamou Feijóo na roda posterior ao Consello da Xunta, na que presentou o Plan Como na Casa de construción das novas residencias.  

Segundo concretou, as residencias de Vigo e A Coruña contarán con 150 prazas en cada centro; e as do resto de cidades (Ferrol, Santiago, Pontevedra, Ourense e Lugo) , con 120. A maioría dos residentes, indicou Feijóo, contará con cuartos individuais con baño, ademais doutros equipamentos.

Comentarios