A xunta electoral exime o PPdeG de cambiar o seu lema 'Galicia é moito'

Estimou parcialmente unha denuncia do BNG, aínda que ordena únicamente a retirada dos carteis dunha campaña "inactiva" da Xunta
 Alberto Núñez Feijóo, y el presidente de la Fundación La Caixa, Isidro Fainé, firman un acuerdo de colaboración en materia de acción social y de apoyo al Xacobeo 2021.
photo_camera 'Galicia é moito', lema de campaña do PPdeG. PEPE FERRÍN

A xunta electoral central estimou parcialmente a denuncia presentada polo BNG respecto do lema de precampaña Galicia é moito, pero unicamente ordena á Xunta a retirada dos carteis que se identifican con esa frase, unha campaña institucional que, fontes do Goberno autonómico, aseguraron que xa está "inactiva" desde hai meses. 

O árbitro electoral, que subliña a "posible asociación implícita polos electores dos lemas das campañas da Xunta co usado polo PP", exime aos populares, no entanto, da execución de actuacións, o que permite ao Partido Popular continuar coa súa lema de precampaña. 

O BNG denunciou ante a Xunta Electoral de Galicia o uso de "lemas, tipografía e imaxes" da campaña institucional da Xunta (Rural é moito) e a campaña preelectoral do Partido Popular, ao considerar que ambas presentaban "practicamente" os mesmos símbolos e palabras. 

Así, os nacionalistas reclamaron que se adoptasen as "medidas necesarias a fin de que se cesase no uso interesado e partidista" desas lemas e tipografía. A xunta electoral trasladou a denuncia ao PP e á Xunta, que presentaron alegacións e pediron que se arquivase a denuncia. 

Con data do 27 de febreiro, a xunta electoral resolveu estimar parcialmente a denuncia e ordenou retirar a campaña 'O Rural é moito', pero fontes da Xunta explicaron a Europa Press que xa está "inactiva" en redes sociais e medios de comunicación. 

Preguntadas as mesmas fontes pola posibilidade de que quede algún panel publicitario coa campaña, indicaron que, de ser así, deberase en todo caso a que non se limpou aínda. O BNG achegou unha foto dun panel publicitario na súa denuncia.

DENUNCIA VÍDEO. Doutra banda, o BNG tamén presentou unha denuncia ante a xunta electoral central polo vídeo de precampaña do Partido Popular, ao entender que vulnera a normativa por usar "de forma partidista e electoralista" o "nome da Xunta, o logo e o escudo institucional". 

Fontes populares confirmaron a Europa Press que xa se lles deu traslado por parte da xunta electoral para as alegacións, que presentarán, pero aínda non hai resolución definitiva. 

Comentarios