A Xunta, en "estrita colaboración" co xulgado no caso do bebé intoxicado con haxís en Lugo

Os axentes que se fixeron cargo da investigación xa terminaron as dilixencias

Entrada del Hula. AEP
photo_camera Hula

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou este luns que o Goberno autonómico está "en estrita colaboración e a disposición da Fiscalía e do xulgado para preservar a integridade física e o benestar do menor" que foi hospitalizado no Hula por intoxicación por inxerir haxix. 

A Xunta asumiu a custodia do bebé de 16 meses mentres se investiga se foi unha inxesta accidental ou existiu unha facilitación directa da droga. Pola súa banda, a nai recorreu esta medida, argumentando que o neno puido coller a sustancia por erro do chan cando se atopaban nunha zona de terrazas en Vilalba. 

Balseiro explicou que é "un tema que está baixo supervisión xudicial, polo que a Xunta actuará en consecuencia ao que se determine desde o xulgado".  Foi o pasado martes de madrugada cando a nai e a súa parella comprobaron que o bebé comezaba a actuar de forma estraña e sufría espasmos, polo que decidiron levalo ao centro de saúde de Vilalba, de onde foi trasladado ao Hula. 

Por outra banda, os axentes que se fixeron cargo da investigación xa terminaron as dilixencias ordenadas polo xulgado de instrución número 1 de Lugo, logo de tomarlle declaración aos pais do neno, e remitíronas xa á autoridade xudicial.

Comentarios