A Xunta expón esixir o certificado covid en visitas a hospitais e outros eventos

Será unha das medidas que estea este venres sobre a mesa na reunión do subcomité clínico 
Un cliente muestra su certificado covid a un hostelero. XESÚS PONTE
photo_camera Un cliente muestra su certificado covid a un hostelero. XESÚS PONTE

A Xunta de Galicia analizará este venres a posibilidade de esixir o pasaporte covid no acceso a determinadas instalacións e eventos. Será unha das medidas que estea sobre a mesa na reunión do subcomité clínico que asesora á Administración galega en materia de covid, un grupo que foi convocado en vista do repunte de casos das últimas semanas.

Galicia superará esta semana os mil casos activos (con datos actualizados xa son este venres 907), unha situación que aínda que é mellor que a do conxunto de España preocupa a Sanidade que opta por mover ficha e abordar posibles medidas no subcomité. Entre elas, segundo confirmou este xoves Alberto Núñez Feijóo tras o Consello da Xunta, a esixencia de certificado covid para acceso a eventos e instalacións é "a máis madura". A obrigatoriedade do pasaporte covid podería aplicarse, sen ir máis lonxe, ao acceso de visitantes ás plantas de hospitalización. 

Feijóo recordou que Galicia usa esta ferramenta do certificado covid tras recibir o aval da Xustiza, como fan outros países de Europa, pero lamenta que España non o faga. "En España o nivel de relaxación segue sendo como se non houbese pandemia", cuestionou. 

No caso galego, o repunte de casos preocupa en xeral, pero o foco está posto de forma particular na zona de Ourense e Barbadás, "ou núcleo máis preocupante", posiblemente, segundo Feijóo, froito das festas e pontes das últimas semanas e de concentracións de xente como as matanzas. Por iso, o presidente fixo "un chamamento á prudencia", porque estar vacinados "non significa que non nos contaxiemos". "Imos convivir co virus".

Comentarios