
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asegurou que a Xunta dará unha "marxe" ao Estado para que conteste ao seu requirimento sobre a repartición dos fondos europeos Next Generation. De non facelo, ratificou que acudirán ao Tribunal Supremo.
Unha
"Non temos ningunha intención de facer ruído con isto", dixo a titular de Emprego, a preguntas dos xornalistas. Así, defendeu que a Xunta está a actuar "desde a máxima lealdade".
"Imos esperar uns días e dar unha marxe ampla ao Estado para ver se responde e responde con certo criterio", apuntou en relación ás demandas expostas pola Xunta a este respecto.
No entanto, a conselleira incidiu en que "transcorrido unha marxe prudencial" se non hai resposta ou un cambio de posicionamento por parte do Goberno si presentarán o recurso ante o Tribunal Supremo.
Lorenzana realizou estas manifestacións coincidindo coa visita ao Espazo Amizar, na Coruña, que estrea nova oficina de emprego.