A Xunta reclamará bonificacións na AP-9 se non se implantan antes de xullo

Ethel Vázquez recordou que é unha vía "fundamental" para Galicia porque "vertebra" as comunicacións dun "60 por cento da poboación"
Ethel Vázquez. EP
photo_camera Ethel Vázquez. EP
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou este luns que o goberno galego carece de información "oficial" sobre o momento no que se implantarán as bonificacións "demandadas pola Xunta" para os usuarios da AP-9 e asegurou que se non quedan establecidas antes, en xullo reclamaraas.

"Non temos información oficial sobre as bonificacións da AP-9", recoñeceu Vázquez a preguntas dos xornalistas durante un acto en Lugo.

"En xaneiro houbo unha nova subida" de tarifas, engadiu, pero se acumulan "atrasos e atrasos" en canto á aplicación desas bonificacións e, ademais, "nun contexto xeral de baixadas" noutras vías que dependen do Estado.

Vázquez recordou que a AP-9 é unha vía "fundamental" para Galicia porque "vertebra" as comunicacións dun "60 por cento da poboación".

"Esperaremos ao mes de xullo", engadiu, para que se implanten esas bonificacións" solicitadas "pola Xunta de Galicia" para os "usuarios recorrentes" da AP-9, pero se non se producen, "demandarémolas", apostilou, xa que se trata dun "asunto transcendental para a mobilidade dos galegos".

A conselleira lamentou, ademais, que se siga atrasando o "debate" no Congreso sobre a "transferencia" da autoestrada á administración autonómica, unha situación que, asegurou, "preocupa" no goberno galego.

Comentarios