A Xunta repartirá 250.000 máscaras reutilizables entre os docentes ata final de curso

O conselleiro Román Rodríguez asegura que non é o momento de baixar" a garda" ante a pandemia
Román Rodríguez. SEBAS SENANDE
photo_camera O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. SEBAS SENANDE

A Xunta iniciará a próxima semana a distribución dun total de 250.000 máscaras hixiénicas reutilizables entre o profesorado galego.

Este envío de material permitirá, segundo o Goberno galego, cubrir as necesidades dos docentes ata final de curso e poderase complementar con novas achegas en función das solicitudes e necesidades trasladadas polos propios centros.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informou desta medida con motivo da reunión do comité educativo que asesora á Xunta.

Rodríguez instou aos centros a manter "os esforzos" para manterse como lugares seguros fronte á pandemia e atribuíu o incremento de casos rexistrados nas primeiras xornadas deste segundo trimestre a contagios producidos "fóra de horario lectivo".

En todo caso, advertiu de que a sociedade se atopa "ante unha situación crítica" da que a comunidade educativa "non é allea", polo que instou a "non baixar a garda" e a seguir aplicando as medidas e protocolos "coa máxima rigorosidade".

Tamén deu a coñecer a ferramenta de ventilación elaborada por investigadores da USC, que supostamente está a disposición dos centros, e tratáronse cuestións como o asesoramento sobre riscos laborais vinculados á covid-19. 

Comentarios