jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

A Xunta reúne o comité clínico para decidir sobre o toque de queda

Alberto Núñez Feijóo. PEPE FERRÍN (AGN)
Alberto Núñez Feijóo. PEPE FERRÍN (AGN)
Feijóo suxire que non se pechará Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o comité clínico que asesora ao Goberno galego desde o inicio da pandemia reunirase de inmediato, "se pode ser esta mesma tarde", para decidir sobre a concreción do toque de queda en Galicia. Ao tempo, suxeriu que non haberá polo momento peche perimetral da Comunidade dado que os datos non o fan "imprescindible". 

Tras a Conferencia de Presidentes, o mandatario autonómico que estaba previsto que o comité clínico reunísese este martes, pero ante a decisión do Goberno central de decretar o estado de alarma e fixar un toque de queda desde as 23.00 ata as 6.00 horas no conxunto estatal -con marxe para as comunidades de modificar levemente o horario- trátase de adiantar este encontro. 

Así as cousas, preguntado sobre a decisión que tomará Galicia en relación ao horario, evitou avanzar calquera paso e remitiuse ao que diga esta comisión. Tamén garantiu, preguntado sobre se seguirá o ronsel doutras autonomías que xa anunciaron o peche perimetral, que Galicia non tomará ningunha medida que non esixan os datos epidemiolóxicos. 

Máis aló de lamentar que o Goberno central recorra ao estado de alarma e ao toque de queda, lamentou que este se fixera de forma xeneralizada para todo o país, "desde as cidades de 300.000 habitantes aos núcleos de 5 habitantes". 

E preguntado acerca de se contempla diferenciar os ámbitos rural e urbano nas restricións, defendeu que Galicia defendeu desde o primeiro momento que non deberían ser as mesmas. "Pero é unha opinión da comunidade que non comparte o Goberno central, que non fixo ningunha excepción", resolveu. 

A Xunta reúne o comité clínico para decidir sobre o toque de queda
comentarios