A Xunta solicita ao Goberno xestionar o Pazo de Meirás cando sexa entregado

O obxectivo é darlle "usos culturais"
El pazo de Meirás. EFE
photo_camera O pazo de Meirás. EFE

O conselleiro de Cultura da Xunta, Román Rodríguez, informou este sábado de que o Executivo galego contactou co Goberno para que sexa a administración autonómica “quen xestione” o Pazo de Meirás e poder así darlle "usos culturais" cando a familia Franco entregue provisionalmente a propiedade.

Durante unha visita ao mosteiro de Herbón, no municipio coruñés de Padrón, Rodríguez detallou que “a Xunta está a disposición para poder xestionar este recinto e deseñar unha serie de usos de carácter cultural que poidan devolver, en certa medida, o Pazo ao que sempre foi, un edificio moi vinculado á cultura”.

Así, reivindicou que o Goberno galego foi, "en certa medida", a administración que iniciou o proceso de recuperación do Pazo e agora pretende "devolverllo á cidadanía".

A solicitude formal da xestión foi remitida aos ministerios de Cultura e Facenda, e nela o Executivo galego expuxo "a posibilidade de deseñar os usos de carácter cultural”, que estarán vinculados á historia do ben, remarcou o conselleiro.

Preguntado pola vontade do Concello da Coruña de declarar a Casa Cornide como Ben de Interese Cultural, Román Rodríguez asegurou que, no momento en que reciban a documentación, o consistorio atopará na Xunta “un aliado”. 

Comentarios