A Xunta traballa para mellorar o posicionamento dos viños galegos

O vicepresidente Alfonso Rueda asegura que se trata dun sector estratéxico da economía galega pola súa capacidade para xerar emprego
Vendimia en una de la bodegas inscritas en la DO Rías Baixas. DP
photo_camera Vendima nunha das adegas inscritas na DO Rías Baixas. DP

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este sábado, durante a inauguración da VI Festa do Viño Espumoso da Denominación de Orixe Rías Baixas, que a viticultura é un sector estratéxico na economía galega pola súa capacidade para xerar emprego e como elemento de dinamización do turismo relacionado co mundo do viño.

O Goberno galego traballa nunha estratexia de dinamización económica, territorial e turística dae ls comarcas vitivinícolas de Galicia para mellorar o posicionamento dos caldos galegos, reforzar a súa imaxe de marca e promocionar os produtos turísticos relacionados co sector. A Administración autonómica investirá ao redor de 750.000 euros nesta estratexia conxunta na que participan as consellerías de Cultura e Turismo; Economía, Emprego e Industria, e Medio Rural; coa colaboración das universidades galegas, a Fundación Juana de Veiga e representantes do sector.

O vicepresidente da Xunta destacou que o futuro do sector do viño en Galicia ten que basearse na profesionalización e na xeración de sinergías con outros ámbitos como o turismo e a gastronomía para consolidar un negocio que se caracterice pola calidade e a diferenciación.

Comentarios