Xuntos presentarase como acusación particular no accidente do Marisquiño

Esta plataforma cidadá  porá a disposición dos afectados un avogado

La pasarela que se derrumbó en O Marisquiño. CAROLINA NEIRA
photo_camera A pasarela que se derrubou no Marisquiño. CAROLINA NEIRA

A plataforma cidadá Xuntos por Galicia anunciou este venres nun comunicado que se presentarán na causa aberta polo xulgado de instrución número tres de Vigo como acusación particular no caso do accidente do Marisquiño.

Este colectivo tamén porá a disposición dos afectados un avogado, a través da súa organización política Xuntos Actúa, para activar unha reclamación colectiva como acusación particular e depurar responsabilidades penais e civís contra a administración ou administracións que procedan, así como contra a organización do evento.

Este colectivo tamén asegurou neste comunicado que "existe un grave defecto de mantemento no paseo das Avenidas e unha neglixencia grave na concesión da licenza por ser coñecedor o Concello do estado dese paseo".

Para rematar, advirten do mal estado no que se atopa o paseo de Bouzas e esixen unha actuación inmediata para evitar que pase outra catástrofe. 

Comentarios