Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

A Cañiza presume de xamón en Xantar

Expositor de  A Cañiza, este viernes en Xantar
Expositor de A Cañiza, este viernes en Xantar
A localidade pontevedresa ocupou un expositor no salón gastronómico, onde se promocionou o seu produto e a súa feira, que este ano cumpre cincuenta anos

O Concello da Cañiza enxalzou este venres no salón gastronómico Xantar, un referente internacional enogastronómico, o seu produto estrela, o xamón da Cañiza, que incluíu unha degustación deste manxar, coincidindo coa celebración dos 50 anos desta festa neste ano, declarada de Interese Turístico galego.

Así, a localidade pontevedresa ocupou un expositor no salón gastronómico que acolle estes días o recinto feiral Expourense, onde se puido ver ao cortador profesional Víctor Burgos, quen se encargou de servir o xamón.

En declaracións aos medios de comunicación, a tenente de alcalde desta localidade, Ana Cerviño, explicou que esperan para esta edición que se acheguen ata a localidade "moitísimos visitantes", cando se cumpren cincuenta anos da feira.

"Que unha festa dure 50 anos é todo un éxito", subliñou o número dous, quen puxo en valor as orixes deste produto que estaba destinado nas súas orixes "a unha economía de subsistencia". Esta festa gastronómica está declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia e celebrará o próximo 15 de agosto o seu 50 Edición.

Polo momento, o concello pontevedrés ha iniciado os trámites para pedir que sexa declarada de Interese Nacional, para o que ten que transcorrer un tempo.

A Cañiza presume de xamón en Xantar
Comentarios