Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

A festa da ameixa de Carril perderá a declaración de interese turístico se ao final non se celebra

El evento gastronómico podría no llegar a celebrarse
El evento gastronómico podría no llegar a celebrarse
A celebración da festa gastronómica está prevista para os días 19 e 20 de agosto

A Festa da Ameixa de Carril corre o perigo de perder a súa condición de evento de interese turístico de Galicia se finalmente se cancela a súa vixésima quinta edición, prevista para os días 19 e 20 de agosto.

Así llo trasladou nunha carta a directora xeral de Turismo, Nava Castro, ao alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, segundo desvelou este xoves a Agrupación de Parquistas de Carril.

Castro insta a Varela a que realice "todos os esforzos necesarios" para manter todas e cada unha das circunstancias que deron lugar á declaración como festa de interese turístico de Galicia, xa que en caso contrario iniciarase o procedemento para a retirada de tal condición.

Recórdalle que foi o propio Concello de Vilagarcía o que promoveu esta declaración e que a Festa da Ameixa non pode compararse con outros eventos como o Festival das Revenidas que se vai celebrar o mesmo fin de semana.

Éste é un dos motivos esgrimidos desde a corporación local, a coincidencia co Festival das Revenidas e co Combate Naval que pecha as Festas de San Roque, para propor o seu adiamento ao non poder garantir a seguridade.

A festa da ameixa de Carril perderá a declaración de interese...
Comentarios