La fiesta de la lamprea de Arbo, de interés turístico nacional

O evento estreou esta pasada fin de semana a súa nova condición
Plato de lamprea
photo_camera Plato de lamprea

O Boletín Oficial do Estado publica este martes a declaración da festa da lamprea de Arbo  de interese turístico nacional.


Así o acordou a Secretaría de Estado de Turismo nunha resolución tomada o pasado día 12 e que hoxe sae publicada no BOE.

A festa da lamprea de Arbo  estreou esta pasada fin de semana a súa nova condición.

A lamprea é o peixe máis primitivo, con 400 millóns de anos, que se reproduce no río, crece no mar e volve ao río.

O seu aspecto no prato cando é cociñada no seu propio sangue, a forma máis popular, pode resultar pouco atractivo á vista, pero constitúe "un delicioso produto gastronómico do que xa os emperadores romanos daban boa conta", segundo se recolle na web de Turismo de Galicia.

Máis en Gastronomía
Comentarios