Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

VILA DE CRUCES. Javier Veiga será o pregoeiro da Festa do Galo

El actor Javier Veiga
El actor Javier Veiga
A cita gastronómica de Vila de Cruces, o día 29, contará cos Coribantes e Treixadura como reclamo musical

O humorista e actor nacido no Grove Javier Veiga é o elixido este ano polo Concello de Vila de Cruces para ofrecer o pregón da vixésima terceira Festa Gastronómica do Galo de Curral, que se celebrará o día 29 deste mes no citado municipio da comarca dezana. Veiga traballou como director de proxectos audiovisuais e como intérprete en teatro, cine e televisión, a nivel nacional, traxectoria pola que recibiu numerosos premios en Galicia e fóra da comunidade.

A lectura do pregón está prevista para as 13.00 horas na Praza Xoán Carlos I, pero a xornada festiva iniciarase antes. O grupo de música tradicional O Arco de Merza e a Banda de Gaitas de Piloño comezarán a animar o ambiente na contorna do Consistorio -onde se concentrarán as actividades- desde as dez e media da mañá. Unha exposición de coches antigos ocupará as rúas contiguas, como é costume.

Ao mediodía, subirá ao escenario, situado baixo unha gran carpa, a Banda de Gaitas e Baile Os Coribantes. A agrupación de Ponte Caldelas actuará durante ao redor dunha hora. Seguidamente, Veiga ofrecerá o pregón e, unha vez este termine, tocará a formación galega Treixadura. Os seus temas amenizarán a degustación popular. O prato de ‘galo’, con guarnición, patacas, pan e viño servirase a cinco euros. Ademais, unha decena de restaurantes do centro urbano e dous de Gres e Merza ofrecerán o menú, formado por primeiro prato, galo, sobremesa, café e licores, a un prezo unitario que se prevé manter en 24 euros, aínda que está por concretar cos hostaleiros. Algunhas casas de turismo rural tamén servirán, pero por encargo.

O XXIII Festival de Bandas de Galicia, a partir das 17.00 horas, porá o colofón ao evento gastronómico. Participarán a Banda Unión Musical Ponteledesma, a Banda de Música Municipal de Padrón, a Banda Municipal de Lalín e a Banda Artística de Merza.

O día anterior, o sábado 28, dez grupos de música tradicional participarán en ‘Ou galo canta nas tabernas’, percorrendo outros tantos locais desde as 20.30 horas para animar a noite e quentar motores de cara ao día grande.

VILA DE CRUCES. Javier Veiga será o pregoeiro da Festa do Galo
Comentarios