Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

O Salnés convértese no eixo central do Día Europeo do Enoturismo

El paisaje y la arquitectura son dos componentes de las rutas enoturísticas
El paisaje y la arquitectura son dos componentes de las rutas enoturísticas
A Ruta do Viño e varias adegas da comarca programan unha ampla variedade de actividades de carácter divulgativo, que se celebrarán durante a fin de semana

Xornadas de portas abertas, catas e paseos figuran na ampla e variada programación elaborada con motivo da celebración do Día Europeo do Enoturismo, que teñen o seu eixo central na comarca do Salnés, aínda que tamén participa unha adega situada en Portas.

A Ruta do Viño Rías Baixas promove unha actividade, que comeza ás 11.00 horas, na que participan unha trintena de usuarios da Fundación Down Compostela, que percorrerán uns viñedos en Portas e unha adega, onde degustarán mostos e viños. Pola tarde, desprazaranse ata Cambados para visitar Pazo de Fefiñáns, ás 17.15 horas.

Outro punto de atención da xornada estará no porto do Grove, do que partirá unha embarcación, ás 19.00 horas, que se converterá no escenario dunha actividade denominada ‘Navegando coa Ruta’. Os asistentes á mesma participarán nunha cata comentada de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. O catador Nacho Costoya dirixirá esta proposta, mentres o catamarán no que se celebra asuca a ría de Arousa.

O Día Europeo do Enoturismo será este domingo. O Salón José Pena, de Cambados, acollerá a celebración da quinta edición da Cata Amateur. A apertura de portas está prevista ás 10.30 horas. Un centenar de persoas terán a oportunidade de pór a proba as súas calidades como catadores baixo as indicacións do catador David Barco, e de recibir algún dos agasallos que se entregarán nesta cita. Está prevista a presenza dun centenar de participantes.

Estes eventos terán lugar despois de que Cambados fose elixida como Cidade Europea do Viño 2017, nun acto celebrado en Palmela (Portugal) o día 5.

O Goberno local cifra no medio millón de euros o orzamento aproximado para financiar o programa de actividades que ten previsto organizar, no que terán cabida ao redor de 80 actos, e xa iniciou as xestións para contar co respaldo económico de institucións provinciais, autonómicas e estatais.

O Salnés convértese no eixo central do Día Europeo do Enoturismo
Comentarios