Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Os doces, a gran novidade da sétima edición do 'Degusta Tapas'

La presentación del evento tuvo lugar en la Sala Nauta
La presentación del evento tuvo lugar en la Sala Nauta
Ademais dos petiscos tradicionais e creativos, o certame gastronómico máis importante de Sanxenxo ofrece ao público a posibilidade de degustar racións de diferentes sobremesas

Máis de 80 variedades, 36 participantes e o reto de superar as 13.000 unidades despachadas en 2015, cuxa venda xerou beneficios superiores aos 60.000 euros. Estas son algunhas das liñas mestras da sétima edición de Sanxenxo Degusta Tapas, un certame que, desde a súa estrea en 2010, foi consolidándose como un dos reclamos gastronómicos máis importantes do municipio do Salnés.

A Sala Nauta acolleu na mañá do venres a presentación da cita, que comezará o vindeiro venres e concluirá o 12 de xuño. A principal novidade deste ano ten que ver co aumento da oferta de propostas, xa que ás tapas tradicionais e creativas súmanse os doces. Deste xeito, a organización dá resposta á petición realizada polo sector da hostalería nas reunións previas á posta en marcha do concurso. Das 81 especialidades que compiten en Degusta Tapas, 28 son tradicionais, 33 creativas e unha vintena servirán como sobremesa. Do mesmo xeito que en edicións anteriores, todas elas terán un prezo de dous euros, sen contar a bebida.

O evento culinario aspira a superar as máis de 13.000 racións despachadas ao longo da edición do ano pasado

O concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, destacou que este ano toman parte no certame dous locais máis que en 2015. Ademais, mantense o mesmo sistema de votación. Así, terase en conta a valoración da clientela e a dun xurado profesional, que visitará os locais para probar as tapas e seleccionar as tres mellores en cada categoría. Turismo de Sanxenxo, responsable do evento, sorteará numerosos premios entre o público, talles como estancias en spas, ceas, viaxes en barco ou visitas a adegas. Ademais, aqueles comensais que completen o degusta mapa ao completo, serán recompensados cunha cea para dúas persoas.

Os establecementos que toman parte nesta edición do evento son A Bodeguiña, A Fonte Vella, Bar Manolito, Bodega Viña Pedreira, Brasería En Punto, Burás, Casa Román, Casa Zulema, Castelao, Cervecería Azor, Cova de Ons, Dorsia Café, Dukes, Fidel, Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Hotel Augusta Spa, Hotel Canelas, Hotel Carlos I Silgar, Hotel Rotilio, La Portonovesa, Lito Pescador, Mar do Pintor, Cafetería Marycielo, Me da Igual Cocktail Café, Mesón Fontán, O Rincón dos Barcos, Ollares da Ría, Tritón, Salgadoiro Gastroteca, Taberna Arca, Taberna Caneliñas, Varadoiro, Taberna Lilaina, Tapería Todoababor, Terraza del Mar e Xerfa.

Outra das novidades será a entrega de mandiles promocionais para os locais participantes, así como diverso material para promocionar o evento nos propios establecementos.

CÓCTELES. De forma paralela a Degusta Tapas desenvolverase Sanxenxo Degusta Drinks. O certame de cócteles contará coa participación de Cafetería Castelao, Cervexería Azor, Dorsia, Hotel Augusta Spa Resort, Hotel Canelas, Hotel Carlos I Silgar, Me da Igual Cockatil Café e Pub Horus.

Este concurso tamén concluirá o próximo 12 de xuño. As bebidas que conteñan alcol custarán 3 euros, mentres que o resto de propostas terá un prezo de 2,5 euros.

Os doces, a gran novidade da sétima edición do 'Degusta Tapas'
Comentarios