Martes. 13.11.2018 |
El tiempo
Martes. 13.11.2018
El tiempo

Sanxenxo suprime a Festa da Raia ante a falta de implicación veciñal

Comensales en la última edición de la Festa da Raia, celebrada en abril de 2015
Comensales en la última edición de la Festa da Raia, celebrada en abril de 2015
O Concello aposta por unha organización moito máis "participativa e autosostenible"

O evento gastronómico por excelencia de Portonovo, a Festa da Raia, non se celebrará este ano. O Concello tomou esta decisión debido á escasa implicación por parte dos veciños na súa organización. O concelleiro de Cultura, Roberto Carlos Agís, deu este venres a coñecer a decisión do Goberno, que aposta por un modelo organizativo "participativo e autosostenible".

Agís explicou que da primeira reunión mantida, en novembro, con todas as asociacións de Portonovo para tratar de programar a festa, saíron tres conclusións: Que esta "non funcionaba", que a poboación "apenas participaba e a implicación de colectivos era máis ben escasa" e que "foi un Goberno do PP o que decidiu asumir a organización" dunha cita festiva que, "ata aquel momento, era dos veciños". O Concello apostou por recuperar o modelo orixinal deste evento e que os cidadáns se identificasen el. Así, o labor da Administración local limitaríase a colaborar "financiando parte do orzamento global".

Por mor daquela reunión xurdiron dúas propostas: A presentada pola Comisión de Festas de San Cristóbal -que renunciou ao saber que os hostaleiros querían organizala- e a de Porenarte e O Can de San Roque, "ambas realmente boas no que a contido se refire, pero economicamente insostibles", admitiu o edil. Os dous colectivos eluden asumir responsabilidades económicas e derivan ao Concello este labor, de aí a súa renuncia. O Goberno local anunciou tamén que manterá o mesmo criterio para as festas de Sanxenxo, polo que fai un chamamento a veciños, hostaleiros, empresarios e comerciantes para que se impliquen.

Sanxenxo suprime a Festa da Raia ante a falta de implicación veciñal
Comentarios