Acusan a 'MasterChef' de empregar marisco ilegal no seu programa na Coruña

Unha polémica que se suma á xa denunciada "burla" do acento galego por parte do xurado do espazo televisivo
Juanma Castaño sostiene uno de los ejemplares. RTVE
photo_camera Juanma Castaño sostiene uno de los ejemplares. RTVE

O paso MasterChef Celebrity por Galicia foi convulso. O programa non deixa de acumular polémicas, indignando cada día máis a poboación e aos espectadores pola súa actuación.

Tras os denunciados episodios de "burla" do acento galego por parte do xurado, agora algúns usuarios de redes sociais sinalaron o emprego de marisco ilegal na proba desenvolvida na Coruña.

Ver máis: Propoñen facer un apagamento a RTVE o vindeiro luns polo "seu desprezo ao galego"

O meollo do asunto reside nuns exemplares de lubrigantes que se puideron ver durante a emisión. Trátase de dúas supostas pezas de femias ovadas, en fase de cativa. Nalgunhas fotogramas pódese ver a Juanma Castaño sostendo a un dos animais.

É importante recordar que en Galicia está prohibida a pesca de marisco en fase de cativa, o que podería carrexar multas superiores a 5.000 euros.

Comentarios