Ana Peleteiro confesa que ten nova parella

"Estou a vivir o amor máis san, bonito e real. Moi pronto volo presentarei", anunciou a atleta galega nas súas redes sociais
Ana Peleteiro. INSTAGRAM
photo_camera Ana Peleteiro. INSTAGRAM

Ana Peleteiro está namorada. A atleta de Ribeira, que hai unhas semanas comunicaba a súa ruptura co tamén saltador Nelson Évora, ten nova parella, segundo confesou nas redes sociais a preguntas dos seus fans.

"Nunca pensei que vos confesaría isto tan rápido... Pero como estou a vivir o amor máis san, bonito, real e mutuo de sempre... Non vemos a necesidade de ocultalo", escribía a medallista olímpica en triplo salto

Peleteiro, cuxa naturalidade e desenvoltura converteuna en toda unha estrela mediática, engadía: "A vida fíxome o mellor agasallo e estou demasiado feliz. Moi pronto volo presentarei".

Desde que a principios de outubro confirmaba que xa non estaba a saír co portugués Nelson Évora, a Peleteiro relacionárona con varios homes. Un deles foi Omar Montes, co que compartiu un vídeo nas redes sociais no que ambos saían bailando. Os dous desmentírono.

Por agora non sabemos quen ocupou o corazón da galega, aínda que seguramente sexa cuestión de días. 

Comentarios