Ana Peleteiro emociona a toda Galicia coas súas palabras no Land Rober

A atleta galega visitou o programa de humor da Televisión de Galicia, no que amosou que fóra da pista tamén é unha campioa 

Ana Peleteiro xunto con Roberto Vilar e Luis Piedrahita. TVG
photo_camera Ana Peleteiro xunto con Roberto Vilar e Luis Piedrahita. TVG

Ana Peleteiro visitou este xoves o Land Rober. A atleta de Ribeira participou activamente no espazo humorístico que dirixe Roberto Vilar, deixando grandes momentos. 

Mais o cumio da participación de Peleteiro chegou cunhas palabras que dixo sobre o galego, os galegos e Galicia. Unhas verbas que emocionaron a todo o público e á audiencia.

"Vaste dando conta de que ser galega é bo, non é malo. Por que vas ter un complexo por ter un acento ou falar un idioma?. Ti vas polo mundo e todos falan o seu idioma, se eu teño un idioma porque o vou estar cambiando as miñas raíces?, porque Galicia e o galego son as miñas raíces. Por moito que eu viaxe polo mundo non podo cambiar, porque españoles hai moitos, pero galegos non hai tantos".

Comentarios