Antonio Resines pasará este luns polo quirófano

O actor someterase a unha operación de cadeira debido a unha artrose

Resines en el programa 'La Resistencia' de David Broncano. EP
photo_camera Resines no programa 'La Resistencia' de David Broncano. EP

O actor Antonio Resines pasará este luns 24 de setembro polo quirófano para someterse a unha operación de cadeira. Segundo desvelou o propio intérprete no programa La Resistencia de David Broncano —no que se valeu da axuda dunha muleta—, o protagonista de Los Serrano sofre desde hai anos unha artrose.

"Téñenme que pór unha prótese", explicou, antes de concretar que a intervención consistirá en cambiar "un anaco do fémur que se ensarta na pelvis". Resines contoulle ao presentador que a súa perna esquerda deulle xa con anterioridade serios problemas: "teño cravos, placas, brocas rotas dentro dos ósos..."

Os seus problemas de saúde obrigárono en agosto a deixar temporalmente os escenarios cando se atopaba traballando na obra El Funeral con Concha Velasco.

Comentarios