Antonio Resines sae da Uci tras máis dun mes ingresado por covid-19

O actor foi hospitalizado o pasado 23 de decembro por unha "insuficiencia respiratoria aguda secundaria a pneumonía covid bilateral"
El actor Antonio Resines. EP
photo_camera O actor Antonio Resines. EP

O actor Antonio Resines saíu este venres da Uci do hospital Gregorio Marañón de Madrid onde ingresou o pasado 23 de decembro por complicacións derivadas da covid-19, segundo anunciou o hospital nun parte médico.

O actor, de 67 anos, ingresou por unha "insuficiencia respiratoria aguda secundaria a pneumonía covid bilateral", indica o parte que engade que este venres foi "dado de alta de Uci e trasladado a planta de hospitalización".

Cando foi ingresado Resines acababa de empezar a rodaxe da terceira entrega de Padre no hay más que uno, de Santiago Segura e tamén participaba na rodaxe da serie de Movistar+ Sentimos las molestias, xunto a Miguel Rellán e Fiorella Faltoyano.

Precisamente foi Faltoyano a primeira en avanzar a noticia da súa saída da Uci a través de Twitter. "Gañou a batalla, estou moi contenta e quería compartilo convosco", asegurou a actriz.

Comentarios