Aseguran que Dembélé esnaquizou unha casa de Klopp

A historia sae á luz agora, cando 'The Sun' sostén que o Liverpool estaría interesado no extremo barcelonista

Ousmane Dembélé fue uno de los portagonistas del día al volver a jugar ante su afición. TONI ALBIR (EFE)
photo_camera Ousmane Dembélé. TONI ALBIR (EFE)

É un episodio pasado pero se deu a coñecer agora, cando o diario The Sun asegura que o Liverpool de Jürgen Klopp está interesado en contar cos servizos de Ousmane Dembélé. E a historia, ou o rumor, sinala que entre o xogador e o técnico hai un capítulo un tanto escuro.

Ao parecer, cando o ex do Rennes fichou polo Dortmund instalouse, en réxime de aluguer, nunha casa de Klopp, que por entón xa non adestraba aos de Rühr. No verán de 2017, segundo as informacións que recollen agora varios medios deportivos, Dembelé xeraría importantes desfeitas na propiedade do adestrador. "Podíanse ver bolsas de lixo tiradas polo xardín, nas que había roupa e mobiliario moi descoidado", sinala o Sport, que engade que Klopp se enfadou moito co extremo barcelonista.

Comentarios