O bico que confirma a reconciliación de Jennifer Lopez e Ben Affleck

As imaxes da parella bicándose nun restaurante de Malibú pon fin a semanas de rumores e confirman que os actores volven estar xuntos
Jennifer Lopez y Ben Affleck. INSTAGRAM
photo_camera Jennifer Lopez e Ben Affleck. INSTAGRAM

Jennifer Lopez, que acabou recentemente a súa relación co exxogador de béisbol Alex Rodríguez, foi vista bicándose este fin de semana nun restaurante en Los Ángeles co actor Ben Affleck, con quen estivo comprometida para casar en 2003. Así o conta a revista estadounidense People, que cita unha fonte anónima que explicou que ambos os actores "colléronse das mans por baixo da mesa" e "bicáronse" durante a cea nun dos restaurantes xaponeses máis populares en Malibú (California, EE UU).

Á cea uníronse os dous xemelgos de 13 anos de Lopez e a irmá da artista, Lynda, para celebrar o aniversario desta última. "Jen e Ben sentaron un á beira do outro e foron moi cariñosos. Tomáronse das mans debaixo da mesa", dixo a fonte.

Jennifer Lopez e Affleck coñecéronse cando filmaban Gigli en 2003 e comprometéronse un ano despois. Os dous actores empezaron a verse de novo recentemente, despois de que Lopez terminase coa exestrela dos Yankees Alex Rodríguez e Affleck acabase a súa relación coa actriz española Ana de Armas.

Comentarios